4 sept 2010

LDK 28: Como se le un CD

O CD apareceu en 1982, chamado a revolucionar a almacenaxe de son en formato dixital. O disco ten un grosor de 1.2 mm e dispón na parte inferior dunha pista en espiral de 5 km de lonxitude, onde se grava a información en dúas canles (estéreo) a modo de zonas de ocos e zonas planas microscópicas.

Para proceder á lectura, un motor fai xirar o eixo do disco e un segundo mecanismo move un lector láser dende o centro cara o borde do disco, quedando sempre enfocado sobre a pista. Cando o raio láser chega a unha das partes planas, refléxase, sendo detectado por un fotorreceptor; pola contra, se chega a un oco, o feixe láser desvíase e non é detectado. Estes cambios son traducidos por un conversor de pulsos dixitais a ondas analóxicas, que pasan por un amplificador, facendo saír o son polo altofalante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario