7 ago 2010

LDK 16: O óso da risa


Algunha vez, con toda seguridade, tiveches un golpe nun punto moi concreto do cóbado, creando unha sensación estraña, de incomodidade ou calambre, máis que de dor.

Ben, a sensación é causada polo apreixamento do nervio cubital ou ulnar, entre o epicóndilo medial do húmero e unha superficie. O nervio cubital é o nervio máis grande en todo o corpo humano non protexido por unha capa de músculo ou óso (é dicir, só protexido pola pel) e controla os movementos dos nosos dedos anular e pequeno.

En inglés coñécese ese punto como o "funny bone" o "óso divertido/da risa/extraño", o cal dá idea da sensación causada, rara e molesta ao mesmo tempo. Ademais, húmero en inglés, humerus, é homófono con humorous, gracioso, divertido, polo que parece que a designación da zona con esa expresión é especialmente acaída.

No hay comentarios:

Publicar un comentario