Son un tipo de estruturas cuxos elementos están sometidos unicamente a esforzo axil (tamén axial ou normal), é dicir, que só traballan a tracción ou a compresión sen ter ningún tipo de momento flector. Para isto realízanse unhas estruturas con barras rectas articuladas nos nós, sendo o triángulo a estrutura de vector activo máis simple que existe, xa sabedes, é indeformable, se fora un cuadrilátero podería deformarse, a non ser que se triangule:
Unha das variedades de estruturas de vector activo son as cerchas, que teñen a característica de ter os pares inclinados para formar a pendente da cuberta. A seguinte imaxe corresponde a un coitelo español coa denominación dos seus elementos, e aínda que nos nós non hai articulacións puras, este tipo de ensambles si permiten un pequeno xiro suficiente para absorber as deformacións propias da estrutura:
Estas estruturas pódense complicar podendo chegar a ser tridimensionais como esta cuberta do pavillón de Melide:
No hay comentarios:
Publicar un comentario