Na anterior entrada introducimos o concepto de familia lingüística e tratamos as macrofamilias africanas. No post de hoxe trataremos as macrofamilias americanas, seguindo, como no anterior post a Ruhlen (1987). Porén, tamén trataremos a visión de David Crystal, pois é totalmente diverxente coa de Ruhlen salvo nos seus dous primeiros elementos.
PHYLUM ESQUIMO-ALEUTIANO. Inclúe, segundo Ruhlen, 9 linguas faladas por unhas 80.000 persoas. Son as linguas esquimais, entre as que se atopan o iupik e o inuit. Aínda que se extenden por Alaska e o norte de Canadá, o seu grupo principal de falantes atópase en Groenlandia. As linguas esquimo-aleutianas son polisintéticas, non usan prefixos, e salvo unha excepción, so teñen 3 vogais, /a/, /i/ e /u/.

PHYLUM NA-DENÉ, inclúe unhas 30 linguas, faladas por menos de 30.000 persoas. Entre estas linguas atópanse o navajo e o apache, clasificadas dentro da familia atabascana. Son todas elas linguas tonais, é dicir, linguas nas que a entonación dun son ten valor distintivo (Por exemplo, un /a/ grave pode ser diferente dun /a/ agudo).

O terceiro e último phylum distinguido por Ruhlen é o AMERINDIO. A hipótesis amerindia foi proposta por Greenberg en 1987, e consistiría en unir todas as linguas indíxenas americanas, excluíndo as das macrofamilias esquimo-aleutiana e na-dené, nun só phylum, que incluiría máis de 583 linguas faladas por uns 18 millóns de falantes.
Porén, Crystal na súa enciclopedia da linguaxe descarta esta hipótese, e propón outros agrupamentos en macrofamilias que nomearemos aquí tamén¹:
NOTAS:
¹ Hai que ter en conta que non todas estas agrupacións están amplamente aceptadas, sendo moitas delas abertamente controvertidas.
Bibliografía:
CRYSTAl, David (1987) Enciclopedia del Lenguaje de la Universidad de Cambridge. Cambridge: C.U.P.
GARCÍA MIGUEL, José María (2000) "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística", en F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.) Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 173-220
GREENBERG, Joseph H. (1987) Language in the Americas Stanford: Stanford University Press.
RUHLEN, Merrit (1987) A Guide to the World's Languages. Vol 1: Classification. Stanford: Stanford University Press

PHYLUM ALGONQUINO. Extenderíase polo leste de Canadá e os Estados Unidos, incluíndo o Cheyenne, entre outras linguas.
PHYLUM MACRO-SIUX, que se extende polo centro dos Estados Unidos, unindo as linguas sioux e as iroquesas.
PHYLUM HORA ou HOKA, que se extenden por unha franxa da costa occidental dos Estados Unidos e a Baixa California.
PHYLUM PENUTÍ ou MACROPENUTÍ, que se extenderían por zonas de Oregón e Norte de California, México e Guatemala, Perú e Chile, incluíndo as linguas maias.
PHYLUM AZTECO-TENOANO, que incluiría as zonas de Norteamérica non incluídas até o de agora: as Montañas Rocosas e o norte de México.
PHYLUM OTOMANGUEANO, que se concentran no sur de México.
PHYLUM MACRO-CHIBCHA, incluiría as linguas de Centroamérica excepto Guatemala e un pequeno grupo de linguas do norte de Chile.
PHYLUM GE-PANO-CARIBEÑO, ou GE-TUPI-CARIBEÑO inclúe boa parte das linguas da rexión amazónica, faladas por uns 5 millóns de habitantes.
Por último o PHYLUM ANDINO-ECUATORIAL, inclúe as linguas indíxenas máis faladas en Sudamérica, como o Quechua, o Guaraní, o Mapuche ou o Aimará, entre outros, extendénose por Brasil, Ecuador, Perú, Bolivia e Paraguai.
NOTAS:
¹ Hai que ter en conta que non todas estas agrupacións están amplamente aceptadas, sendo moitas delas abertamente controvertidas.
Bibliografía:
CRYSTAl, David (1987) Enciclopedia del Lenguaje de la Universidad de Cambridge. Cambridge: C.U.P.
GARCÍA MIGUEL, José María (2000) "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística", en F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.) Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 173-220
GREENBERG, Joseph H. (1987) Language in the Americas Stanford: Stanford University Press.
RUHLEN, Merrit (1987) A Guide to the World's Languages. Vol 1: Classification. Stanford: Stanford University Press

Estame a resultar moi interesante a serie das familias lingüísticas, descubrindo algo que descoñecía totalmente, maila estar vencellado a algo tan esencial como as linguas, imprescindíbeis na nosa comunicación diaria. Parabéns :)
ResponderEliminar