Imos comezar unha categoría de entradas adicada a aplicacións útiles nos campos que cubrimos. Como primeiro post, vou falar dun programa denominado X8. Este é un programa de análise de pórticos estruturais bidimensionais.
X é unha aplicación de uso libre que podedes descargar na páxina de emartin. Emartin é profesor na ETSAC e na EUAT de A Coruña, e ademais desa páxina leva un blogue con información relativa á materia que imparte. Nel pódese atopar numeroso material académico tal como exames e prácticas de anos anteriores, bibliografía, aplicacións informáticas relacionadas, etc. que poden ser de moita utilidade para estudantes desta materia ou de materias análogas doutras carreiras. Pena que para acceder a certos contidos sexa preciso un contrasinal.
O principal uso que lle dei a este programa, foi a análise de pórticos creados por min para preparar algunha proba ou un exame. Tras definir o pórtico coas cargas, procede a facer o cálculo dos diagramas de axiles, cortantes, flectores e deformada podendo exportar estes datos a *.dxf (compatible con programas de CAD), ou os valores relevantes a un arquivo de texto.
Para comezar, podedes descargar o programa dende a páxina, ou directamente dende este enlace de descarga.
A aplicación está programada para Windows XP, pero eu probei a instalalo en Vista, e dándolle a omitir as mensaxes de alerta que apareceron, acabou funcionando perfectamente. Se a instalación en XP non che vai por que di que "algúns arquivos do sistema non están actualizados", proba a descomprimir o arquivo que vén na carpeta tras a primeira descompresión, o que ten extensión *.cab.
Para executar a aplicación bastará con clickar no arquivo "X".
X Estructuras. Introdución do pórtico. [2/3]
X Estructuras. Cálculo de diagramas. [3/3]

Moi bo o tutorial, señorito Vitor.
ResponderEliminarA partir de ahora xa non fai falta que me fagas de profe ;-)